A banda da Loba - Luz No Furacán paroles de chanson

paroles de chanson Luz No Furacán - A banda da Loba




Dilúense as vértebras nos mapas
Os plásticos arrolan extincións
As cinzas tapizan o equinoccio
É un valse de codicia e destrución
Rebélanse á orde os meridianos
O vento bica o aire e vén sen voz
As árbores asfixian no pasado
Chegan ecos de revolución
Luz no furacán
Furacán nun trebón
Luz no furacán
Furacán en nós
As praias existen baixo a auga
Xa non hai castelos que habitar
O lume asexa dende o horizonte
Arde a terra e sobe o mar
Os marcos sublímanse entre as lapas
Os graos desdebuxan o compás
Conxélanse os reloxos no solstício de verán
O tempo vai parar
Luz no furacán
Furacán nun trebón
Luz no furacán
Furacán en nós
Luz no furacán
Furacán nun trebón
Luz no furacán
Furacán en nós
Bicar a xeometría da esperanza
Cortar cordeis de manipulación
Construírmos xuntas unha nova terra
Fuxir dos dementores do control
Trazar os círculos dun novo imperio
Coas árbores e os bosques latexar
Volver ao pulso do teu epicentro
Loita, terra e nai
Luz no furacán
Furacán nun trebón
Luz no furacán
Furacán en nós
Luz no furacán
Furacán nun trebón
Luz no furacán
Furacán en nós



Writer(s): Andrea Porto Mato



Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.
//}