Tanxugueiras - Aldeiña de Moscoso текст песни

Текст песни Aldeiña de Moscoso - Tanxugueiras



Asómate á xanela
Se non pola da veciña
E si non tedes xanelas
Cabo de min prenda miña
E si non tedes xanelas
Cabo de min prenda miña
Aldeiña de Moscoso
Todo é terriña cha
Ond'hai caraveis e rosas
Postas pola miña man
Onde hai caraveis e rosas
Postas pola miña man
Ai, ven ó meu carón
Meu ramalliño de menta
Porque xunt'a min respiras
Que son de pel morena
Porque xunt'a min respiras
Que son de pel morena
Ai, que queres de min
Que queres de min
Se ata aaai a agua que bebo
Pídoche permiso a ti
E ando matando e roubando
para manterte a ti
Fun buscar auga
Na cascada balancía
Nin bebín nin trouxen auga
Nin falei a quen quería
Nin bebín nin trouxen auga
Nin falei a quen quería
Ai, déixao ir
Déixao ir miña prenda
Cando n'o queira ninguén
Ha de vir á miña beira
Cando n'o queira ninguén
Ha de vir á miña beira



Авторы: Aida Tarrio Torrado, Sabela Maneiro Argibay, Olaia Maneiro Argibay, Pedro Pascual Alonso


Tanxugueiras - Tanxugueiras
Альбом Tanxugueiras
дата релиза
08-06-2018


Еще альбомы



Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.