Mileth - Da Mitolóxica Errante: ITH Lyrics

Lyrics Da Mitolóxica Errante: ITH - Mileth



O son da morte voa no meu ceo,
A miña linaxe perece...
Eu, Inis Elgad, reclámote alá onde o mar volta terra,
E a terra se ergue para toca-lo ceo.
Invócote Torre de Brigantia!
Ante ti abro o camiño entre a bruma.
Invócote Fillo de Breogán,
Pai dos meus novos fillos!
As augas traerán o teu corpo,
E o vento elevará o teu nome á eternidade:
Ith, fillo de Breogán, a ti te invoco.
Graña o corvo en ecos nocturnos
Ceibando a alma do nativo lar.
Dende a torre navegan seus soños,
Verde esmeralda baixo o luar.
Divina deusa natura
Morre a cor no teu xardín,
Mala herba que arrincarei con dozura,
Albos peitos verde e xazmín
Deusa Danu, orfo de pai teu fertil chan.
Estéril linaxe maldixo a Ith, fillo de Breogán.
As brétemas envolven seu corpo,
Agochan as teimas da mai sen preñar.
Non sigas o alén dos castros,
Non sigas o divino chamar.
Sereas guían teu barco,
Escamas de bronce cortar.
Augurio de reais arcos,
Frechas de druídico calar.
Deusa Danu, orfo de pai teu fertil chan.
Estéril linaxe maldixo a Ith, fillo de Breogán.
Tribos de Dana, fame de Crom.
Vil Morte brigante, silencio bardos!
Comtempla os rostros das voces que chaman
Na fin do camiño, e ca mar derrotada, saúda á morte.
Cae o corpo sen pedras que te honrar,
O sangue danza nun ronsel ritual,
Leito de ondas do derrocado mar,
Seixo de bruma, eterno memorial
Vento que brúas aló da raíz primordial,
Alma que miras cara o luar.
Ergues en voo arredor do fungar do abellón,
Canta o lume no ar...
Deusa Danu, orfo de pai teu fertil chan,
Estéril linaxe, maldixo a Ith...



Writer(s): Mileth Mileth


Mileth - Catro Pregarias no Albor da Lúa Morta
Album Catro Pregarias no Albor da Lúa Morta
date of release
05-03-2019



Attention! Feel free to leave feedback.