Luar Na Lubre - Ecos do Alen paroles de chanson

paroles de chanson Ecos do Alen - Luar Na Lubre



Hai un rumor que move o vento no ar
Que encolle a ialma cando o sintes
Hai un rumor que sabe a terra e a sal
Que aínda ten voz na que habitar
E algún rapaz teimando por preguntar
Descubrirá que hai mil historias
Nos ollos calmos de quen soubo gardar
Ecos do alén
Na súa voz
Está por destecer
En cada frase un cantar
Do que xa foi, do que ha de ser
Na súa voz
Quedou sen esquecer
Do tempo un maino alalá
Na súa voz
Non hai silencios si te vexo tentar
Coller na man o mundo enteiro
E así comenzan no teu berce a nevar
As verbas que deixa un ronsel
Antigas lendas da montaña e do mar
E contos nados na lareira
Van debuxando frente a ti, devagar
Ecos do alén
Na túa voz
A luz ha se prender
Mostrando as sombras que fan
Saber que hai máis do que outros ven
Na túa voz
Vieiros ancestrais
Terán alento, meu ben
Na túa voz



Writer(s): Jose Benito Romero Copo, Raquel Gonzalez Gamallo, Francisco Bermudez Perez, Pedro Valero Bravo, Julio Varela Perez, Francisco Javier Ferreiro Vazquez, Sara Louraco Vidal Correira De Silva, Juan Carlos Cerqueiro Calvo, Eduardo Coma Vega


Luar Na Lubre - Camiños da Fin da Terra
Album Camiños da Fin da Terra
date de sortie
23-10-2007




Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.