Guadi Galego feat. Ivan Ferreiro - Cedeira текст песни

Текст песни Cedeira - Iván Ferreiro , Guadi Galego

Os egos da revolución visten roupa cinguida,
Escalas en modo maior copan todos os shows.
Describen un mundo invisible
Partido por catro,
Prometen que os demos e os anxos
Son da mesma cor.
Aquí o reduto é diverso, non hai etiquetas;
Se cadra, diría Pedreira, o da xubilación.
Poder deitarse e deixar que a vida te agache,
E nós en silencio escoitando este o noso son.
Imos tan xuntiñas pola beira da canción,
Prenden candeas, rompen as ondas.
Imos devagar paseando en plural,
Calma e serena que medre a area e o mar.
O norte equipara a beleza coa melancolía
O norte é poema en si mesmo,
é perfume e canción.
Que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira,
Na praia de Rinlo, en Cuba,
Ou mesmo en Cedeira.
Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
Tratar polo miúdo as cadeas,
Pensar que ser libre é ser máis.
Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira,
Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
Que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira

Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira...
Traducir al español

Авторы: Pau Brugada Vila, Maria Guadalupe Cribeiro Galego, Victor Moliner

Guadi Galego feat. Ivan Ferreiro - Cedeira
Альбом Cedeira
дата релиза
31-05-2019

Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.