Luar Na Lubre - Romance de Novembro текст песни

Текст песни Romance de Novembro - Luar Na Lubre



Novembro volveu,
Esváense de néboa os cumes do corazón
E viaxa nun marco o sorriso de alguén,
Chamadas perdidas en gris,
Son eu quen embaza o cristal outra vez,
Unha avelaíña a durmir.
Novembro volveu
E canta esta vella canción a quen esqueceu.
Debuxo ao voar
Un mapa de luces: Seilán, O Vilar, Xerdiz,
Conxélase a noite onde Castromaior
A última vez que te vin,
Mollei o vestido no campo do adeus,
Caeron estrelas por ti.
Alí seguirán
As luces da terra e un leito no teu pumar.
Novembro volveu,
E canta esta vella canción a quen esqueceu.
"Enterran semente", dixera Daniel,
Sen culpa, sen nome nin lei,
Marchei sendo nova e o medo quedou,
Non é unha historia de amor.
Alí han de seguir
As luces da terra, Amada, Adrián, Manuel.
No alto do ceo
Caeron estrelas por quen nunca regresou.
Conxélase a noite onde Castromaior
A última vez que te vin.
Se xean as augas da fonte, eu direi
Que fale Novembro por min.
E Novembro volveu
E canta esta vella canción a quen esqueceu



Авторы: Jose Benito Romero Copo, Paula Rey Torreiro, Francisco Bermudez Perez, Pedro Valero Bravo, Julio Varela Perez, Francisco Javier Ferreiro Vazquez, Xavier Cordal Fustes, Juan Carlos Cerqueiro Calvo, Eduardo Coma Vega


Luar Na Lubre - Romance De Novembro
Альбом Romance De Novembro
дата релиза
18-05-2012




Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.