paroles de chanson




Cágome vivo, quédome morto
Síntome observado polas paredes do cuarto
Desde que te fuches, xa nada é certo
E xa o dixen moitas veces, eu non pertenzo a ese circo
Caen as follas no outono e medran os charcos
Faise noite pola tarde e quérote preto
Medra a escuridade dentro de min, estou roto
Xúntate comigo e ven facer eterno un rato
Escribir? nunca o sentín como un reto
É dar unha parte de min pra fuxir dos seus ritos
Dar unha parte de min pra alexarme desas ratas
Dar unha parte de min da que xa non queda rastro
Non che sei de barrios, crieime no Bar Rio
Indo polas tardes a pedirlle un euro ao tío
Dende os 3 con Cristhian meténdonos nalgún lío
Ou facéndolle imposible a etapa a algún peregrino
Medrei entre montes, carballos do Iribio
Coa calma do río e castiñeiros centenarios
Saboreei a liberdade cos meus propios labios
E non falo de ir ao parque nin de gastar cartos
Ensinoume Felisa que o importante é ser un mesmo
Se o dixo a yaya como carallo ía ser outro?
Loita polos teus, mantén o convencimento
E deixalles aos fachas as súas gaiolas de ouro
Apagóns cerebrais se se vai a electricidade
Quero estar tranquilo, non o ruxir da cidade
Pasamos a vida buscando casualidades
Con flores a pedirlles liberdade?
Antes medo á escuridade, agora á factura da luz
E pelexamos entre pobres por ver quen ten máis a culpa
Esa é a súa victoria e, en verdade, a nosa cruz
E observan dende arriba, o algoritmo a súa lupa
Arde tódolos anos e non dimite ni dios
Pero Charlie xa dixo que nin dios é para tanto
Non intentalo todo, o único que lamento
E por non intentalo xa non me esperta a túa voz
Na cabeza bombas, síntome gazatí
Vexo na barra unha ronda e sei que non a pagas ti
Fai tempo que a inspiración xa non camiña hacia min
Porque ao limón da neveira xa lle saiu mofo verde




Ryu - Bar Rio
Album Bar Rio
date de sortie
30-01-2026

1   Bar Rio



Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.
Chargement
Chargement