SES - Fala De Mel paroles de chanson

paroles de chanson Fala De Mel - SES



Un impulso primario, un tifón libertario, unha fábula real
Un tesouro sumario, aprendiz de corsario insolente e leal
O antídoto que calma esas dores da alma, un fartarte de rir
A ortodoxia sen regras que nas horas negras prende candeas pra ti
Eeh. muller e nena
Eeeeehh. fala de mel
Unha nobre impostora, eterna desertora, a ilusión do cotián
O caos do sistema, cada día un lema, cada verba un imán
A psicose extensiva, fondura máis viva, un sentir a pracer
As mulleres que cantan e as que se levantan dánlle a vida a un porqué
Eeh. muller e nena
Eeeh... ferro e papel
Eeehh... grande e pequena
Eeeeehh. fala de mel
Devalúa a cordura a maxia da loucura neste mundo marrón
En sublime mistura, descaro e tenrura, tinxen todo de cor
O vermello na estrela, o lila na subela do seu mar un azul
Dese mar do que veu e que nunca esqueceu que a chama desde o sur
Eeh. muller e nena
Eeeh... ferro e papel
Eeehh... grande e pequena
Eeeeehh. fala de mel



Writer(s): maria xose silvar fernández


SES - Readmirando A Condición
Album Readmirando A Condición
date de sortie
01-12-2017




Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.