SES - Humanamente paroles de chanson

paroles de chanson Humanamente - SES



A cera anque fai o lume
Ponse lonxe do calor.
A cera anque fai o lume
Ponse lonxe do calor.
E o amor cando é celoso
Canto máis lonxe mellor.
E o amor cando é celoso
Canto máis lonxe mellor.
Aínda que se pon e nace
O sol sempre está no ceo.
Aínda que se pon e nace
O sol sempre está no ceo.
Aínda que os teus ollos marchen
Sempre están dentro dos meus.
Aínda que os teus ollos marchen
Sempre están dentro dos meus.
Eu nacín onde nacín
E teño orgullo e máis ben.
Eu nacín onde nacín
E teño orgullo e máis ben.
Que non pode amar o alleo
Quen non estima o que ten.
Que non pode amar o alleo
Quen non estima o que ten.
Que pertinente, que pertinente.
Andar pola vida humanamente.
O amor cando é verdade
Non pode amargar a vida.
O amor cando é verdade
Non pode amargar a vida.
Non ten que pagar a pena
Ten que pagar a alegría.
Non ten que pagar a pena
Ten que pagar a alegría.
Que pertinente, que pertinente.
Andar pola vida humanamente.
A miña voz é pequena
Unha soa e non moi forte.
A miña voz é pequena
Unha soa e non moi forte.
Pero a voz que berra honesta
Non a borra nen a morte.
Pero a voz que berra honesta
Non a borra nen a morte.
Que pertinente, que pertinente.
Andar pola vida humanamente.
Que pertinente, que pertinente.
Andar pola vida humanamente.
(Que pertinente, que pertinente andar pola vida humanamente)x4
Prendelle lume
Que te corre polas veas
O sangue quente.
E non podemos perder
Perder a semente.
(Que pertinente, que pertinente
Andar pola vida humanamente)
E humildemente.
(E andar pola vida humanamente)
E abertamente.
(E andar pola vida humanamente)
E críticamente.
(E andar pola vida humanamente)
Pero muy limpamente.
(E andar pola vida humanamente)
E hoxe e sempre.
Como di.
Pero que pertinente
Que pertinente
(Andar pola vida humanamente).



Writer(s): Maria Jose Silvar Fernandez


SES - Tronzar Os Valos
Album Tronzar Os Valos
date de sortie
24-03-2015




Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.