paroles de chanson




Xa estou aquí. Vin polo vento xa mirei tras do ceo, eu aquí son feliz
Sinto todo no peito igual que cando era un neno
Un camiño longo e bravo así como fixeron outros antes de min
Morría por sentir teu regazo, miña terra que amo
Se nos rouban toda a auga do río pois iremos xuntos chorar, que dentro gardamos bastante
Se nos pintan o verde de negro imos a rascar coas mans, xa fixémolo antes
Que nosa historia esta gravada en ferro non se pode arrincar, vai fundido no sangue
E que poñan pedras no camiño mais aquí non imos parar de levar toda a vida padiante. Padiante
Mira que eu vin soles fuxir pero ningún tan fermoso como o que hai por eiquí
Sinto todo no peito igual que cando era un neno
Un camiño longo e bravo así como fixeron outros antes de min
Morría por sentir teu regazo, miña terra que amo
Se nos rouban toda a auga do río pois iremos xuntos chorar, que dentro gardamos bastante
Se nos pintan o verde de negro imos a rascar coas mans, xa fixémolo antes
Que nosa historia esta gravada en ferro non se pode arrincar, vai fundido no sangue
E que poñan pedras no camiño mais aquí non imos parar de levar toda a vida padiante. Padiante



Writer(s): Christian Senra Bertolo



Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.
Chargement
Chargement