Текст песни




Cando te pos a escarbar na memoria
Vas escollendo do pasado aquelas cousas
Que te apuntalan, que te afirman, que te ancoran
Que te protexen dalgunhas sombras
Eu tan escravo coma o eixo da boca
Eu tan atado coma un neno á súa pelota
Tan desarmado coma un rei sen a súa coroa
Coma unha barca sobre as ondas
Sen ti faltaríame o alfabeto
Sen ti consigo facerme tan pequeno
Que se alguén fai así, desaparezo
Coma un globo de gas que vai ao ceo
Non sei moi ben se son o fío ou a cometa
Non sei se son o corazón ou a cabeza
Nunca saberei se son a alma ou a materia
Se son o pau, se son a vela
Entre os dous inventamos o imperfecto
Coa aparencia de facer sempre o correcto
Que sabe ninguén o que nos pasa a nós por dentro
A quen lle importa se eu te quero
Sen ti faltaríame o alfabeto
Sen ti consigo facerme tan pequeno
Que se alguén fai así, desaparezo
Coma un globo de gas que vai ao ceo
O ceo
Sen ti faltaríame o alfabeto
Sen ti consigo facerme tan pequeno
Que se alguén fai así, desaparezo
Coma un globo de gas que vai ao ceo



Авторы: Victor Manuel San Jose


Emilio Rua feat. Víctor Manuel - Duetos
Альбом Duetos
дата релиза
17-09-2018



Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.
Загрузка
Загрузка