Mai - Altair Songtexte

Songtexte Altair - Mai




Canto pra chegar ata ti
Coa miña voz sen peso
E buscando a raíz
Vou flotando así
Ti estás tan lonxe de aquí
Onde os brazos non chegan
E eu non podo ir
Non podo pedir
Que baixe unha estrela
Pra darme
O bico de durmir
Canta a canción das estrelas, Altair
E deixa que durma coa túa luz acesa
Canta a canción das estrelas, Altair
E deixa que durma coa túa luz acesa
O ceo coida de min
Sendo espazo no que poder subir
A túa calor nunca queima aquí
Guíasme na noite sen saber no día de ti
Altair
Canta a canción das estrelas, Altair
E deixa que durma coa túa luz acesa
Canta a canción das estrelas, Altair
E deixa que durma coa túa luz acesa
Astronauta sen cordón nin gravidade
Non podo caer nin chegar ata ti
Aperta alada que non podo asir
E un niño incendiado, Altair



Autor(en): Tomas Ageitos Fuentes, Edit Iseo Agilda Bolano



Attention! Feel free to leave feedback.