Mai - Inshallah Songtexte

Songtexte Inshallah - Mai




INSHALLAH
Somos porque nos movemos
Fillas nómades de terra e tempo
Todas buscamos o sol que quenta
A froita, o grao e a auga fresca
Inshallah, que os pés me leven
Onde haxa que chegar
Que a terra nos leva a todas
Nada hai tan permanente
As montañas, as rochas, as xentes
Todo aquí se move
Somos así transhumantes no mundo
Non se para máis que un segundo
Somos así transhumantes no mundo
Non se para máis que un segundo
Todo aquí se move
Somos porque nos movemos
Fillas nómades de terra e tempo
Todos buscamos o sol que quenta
A froita, o grao e a auga fresca (eee)
Somos así transhumantes no mundo
Non se para máis que un segundo
Somos así transhumantes no mundo
Non se para máis que un segundo
Todo aquí se move
Móvese a árbore dende as raíces
Move as pólas para acadar a luz
Envía sementes a través do espazo e o tempo mentres
Ás aves únenlles os ceos
E as baleas chaman matria ás correntes
E hai quen pon muros á xente
Onde vai a xente?
Onde vai a xente?





Attention! Feel free to leave feedback.