SES - Desde o Altar Lyrics

Lyrics Desde o Altar - SES



A golpe de entoar cantos de sorte
Facemos resoar ecos faltos de savia pra avivar
E a forza de enxalzar tanto desnorte
Abrimos paso a espantos e a quebrantos
E a mil contos por contar.
Gurús que perpetúan mitos de noites
Que son de pedra, avanzan como a hedra
E que medran porque as deixamos medrar.
E o medo espera moi paciente
E non sucumbe ao desalento
E hai unha sombra en cada esquina
Preparada prometendo
Amparo a todos os paxaros
Que alí queiran aniñar.
A falta de campás tocando morte
Mantemos estadistas con coristas
Que nos guían pra bailar
Un son de aburrimento e de remolques
Que cargan ca indolencia e a indecencia
I encantados de acatar
Seguimos a aportar sombras de onte
Que son de pedra, avanzan como a hedra
E que medran porque as deixamos medrar.
E o medo espera moi paciente
Desde o altar
E non sucumbe ao desalento
Desde o altar
E hai unha sombra en cada esquina
Preparada prometendo
Amparo a todos os paxaros
Que alí queiran aniñar.
Que o medo non coñece a présa
Desde o altar
E asexa cómodo e sorrinte
Desde o altar
Ca seguranza do que avanza fachendoso
E con alardes nun sendeiro de covardes
Que o veneran ao pasar.
Rebeldes estadeas toman o monte
Ruxindo sen mesura na procura dunha vida
Pra habitar que as poida liberar e que desmonte
A farsa dos censores e os temores
E debemos a aspirar
A ser un forte mar rompendo as pontes
Que son de pedra, avanzan como a hedra
E que medran porque as deixamos medrar.
E o medo espera moi paciente
Desde o altar
E non sucumbe ao desalento
Desde o altar
E hai unha sombra en cada esquina
Preparada prometendo
Amparo a todos os paxaros
Que alí queiran aniñar.
Que o medo non coñece a présa
Desde o altar
E asexa cómodo e sorrinte
Desde o altar
Ca seguranza do que avanza fachendoso
E con alardes nun sendeiro de covardes
Que o veneran ao pasar.



Writer(s): maria xose silvar fernández


SES - Opoñerse Á Extinción
Album Opoñerse Á Extinción
date of release
02-12-2016




Attention! Feel free to leave feedback.