SES - Romance Da Bela Rosa Lyrics

Lyrics Romance Da Bela Rosa - SES



Unha vez houbo unha flor
Que ulía certa xente
No xardín dun gran demente
Con máis poder que razón
A rosa leda medrou,
Medrou soa e sen axuda,
Era forte coma ruda,
Contra o frío e o calor
Saíu o sol e corou,
Co seu vermello impoñente,
Tanto, que ao amo e a outras xentes
Molestou o seu primor
No canto de con amor,
Ollábana con vaidade,
E ante a fermosa humildade
Respostaron con temor
Moitas flores do redor,
De xardíns de alleas terras,
Aplaudiron moi contentas
Cando o amo as recortou
A planta quedou sen flor
Pero aínda resistía,
Porque a raíz se nutría
Da terra que a enxendrou
A terra considerou
Que o seu froito era inocente,
Que fora nobre e valente
E dela se preocupou
A auga axiña chegou
E o resto de compañeiras
Acudíronlle lixeiras
E calmaron a súa dor
Certo día aquel señor
Foi alabar a maceira
E reparou na roseira
Que cortara con rancor
Mil rosas con esplendor
Recendían maxestuosas
Unhas espiñas máis grosas
Que as tesouras do señor
Comprendiu o amo entón,
O seu crime despiadado,
Caiu ao chan apenado
E pola rosa chorou
Aquela primeira flor
no recordo latexa
Pero se a raíz é rexa
A planta non morre, non



Writer(s): maria xose silvar fernández


SES - Opoñerse Á Extinción
Album Opoñerse Á Extinción
date of release
02-12-2016




Attention! Feel free to leave feedback.