Dakidarria - Eterno Festival paroles de chanson

paroles de chanson Eterno Festival - Dakidarria



No circo da súa vida tódolos
Pallasos eran capitáns do barco das alegrías.
Malabarista insurxente,
Sen medo do que veña e con ganas de máis, obreiro das fantasías.
Bum bum, que soen os tambores e que
O lume torne en fume toda a nosa dor,
Segue a latexar en nós o teu corazón.
Non pedimos permiso,
Seguimos o camiño que algún tempo atrás esbozou o teu sorriso.
(Oh oh, oh oh) Seguiremos a bailar
(Oh oh, oh oh) Neste eterno festival
(Oh oh, oh oh) Bebendo das lembranzas...
Daquelas noites prendendo fogueiras nas praias do Val Miñor,
Cando soñamos entre tambores e guitarras con outra canción.
En cada calada un sorriso, complicidade ó amencer,
Prendendo fogueiras nas praias.
Bum bum, que soen os tambores e que a gorxa non se seque
Para poder cantar as vellas cancións que hoxe son himnos.
Non pedimos permiso,
Seguimos o camiño que algún tempo atrás esbozou o teu sorriso.
(Oh oh, oh oh) Seguiremos a bailar
(Oh oh, oh oh) Neste eterno festival
(Oh oh, oh oh) Bebendo das lembranzas...
Big up a aqueles que xa non están,
Partiron demasiado rápido pero connosco ficarán,
Eternamente vivos no verán
No que o tempo se detía cada día chegando o serán.
Lembranzas que xa non deixarán a memoria, non,
Máxicos días de gloria.
Adiante con este circo ambulante
Escribindo páxinas da nosa historia.
Y esta es la familia que nunca te olvida
Para despedirte hoy de nuevo reunida.
Porque los mejores siempre son los que se van.
No volverán,
Pero permanecerá su recuerdo grabado
En nuestra mente, en nuestro día a día,
Siempre presente.
Una época que nos cambió la vida,
Doy gracias por cada experiencia compartida.
(Oh oh, oh oh) Seguiremos a bailar
(Oh oh, oh oh) Neste eterno festival
(Oh oh, oh oh) Bebendo das lembranzas...
Daquelas noites prendendo fogueiras nas praias do Val Miñor,
Cando soñamos entre tambores e guitarras con outra canción.
En cada calada un sorriso, complicidade ó amencer,
Prendendo fogueiras nas praias.
Daquelas noites prendendo fogueiras nas praias do Val Miñor,
Cando soñamos entre tambores e guitarras con outra canción.
En cada calada un sorriso, complicidade ó amencer,
Prendendo fogueiras nas praias.
Aquelas noites, aquela praia...
Aquelas noites, aquela praia...
Aquelas noites, aquela praia...
Aquelas noites, aquela praia...




Dakidarria - Filosofía Incendiaria
Album Filosofía Incendiaria
date de sortie
12-04-2018




Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.