Nao - O Sol e a Treboada paroles de chanson

paroles de chanson O Sol e a Treboada - Nao



Non deixemos que sexa o tempo
O que diga as palabras que nunca nos dixemos
Cando a traizón máis grande foron os silencios.
Non deixemos que a distancia escriba esta canción
Cando os bicos foron honestos e as miradas foron de amor.
E déixame lembrarte
Deixa que me trema a voz
Non poñas un pero diante
Non miremos máis ao redor.
Fuxir dos sentimentos
Foi fuxir de ser quen son
Cando as nosas conversas
Eran por canción.
Non deixemos que a resposta
Sexa un simple adeus
Cando a través da túa mirada
Puiden por fin ver.
Asumo as miñas culpas
Como asumo esta dor.
Quixen ver a Lúa
Deitado frente ao Sol.
Fomos sonámbulos fuxindo das derrotas
Sempre buscando un lugar no que soñar.
Acompañar o tempo sendo unha sombra
É desexar que a auga corra cara a atrás.
Explico na treboada
Non hai resposta doada
Non hai versos que describan
O que xuntos recitamos
Polas rúas empedradas
E as conversas nunha cama descoidada
Nada explica, nada serve
(Nin convence)
Fomos sonámbulos fuxindo das derrotas
Sempre buscando un lugar no que soñar.
(Deixa a beleza)
Acompañar o tempo sendo unha sombra
É desexar que a auga corra cara a atrás.
Fomos sonámbulos xirando ao mesmo tempo
Xuntos danzamos abrazados ao compás.
Quero poder lembrar por sempre un momento
Que a desmemoria non poña un punto e final.




Nao - Soñar - Crear (feat. Jasper, Gus, Amós & Anxo)




Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.