Dakidarria - A Memoria paroles de chanson

paroles de chanson A Memoria - Dakidarria



As feridas cicatrizan
Fisicamente xa non te doen
Pero sempre queda marca
Na túa pel e no corazón
A memoria é a historia
Da nosa xente, do noso pobo
Moito máis alá dos libros
Que os gañadores puideran escribir
Era tempo de esperanza
De ve-la terra colectivizada
Educar en igualdade
E compromiso popular
Era tempo de vitoria
Era o momento do cambio
En busca dun mundo máis xusto
E doutra forma de repartir
Saía o sol de pronto
Ante a humanidade
Pero aquel tempo mudou
Negras tormentas
E nubes escuras nos aires
Afogaron a revolución
Resistencia guerrilleira
Plantando cara ó inimigo
Foron milleiros de almas
Que non debemos esquecer
Unha longa noite de pedra
Corenta anos de escuridade
Despois chegou a "democracia"
E os asasinos seguen hoxe no poder
O sentimento dun pobo
Ferido e torturado
Segue aumentando o rencor
Por máis que digan
Que aquelo foi cousa do pasado
Aínda sentimos a dor
Non esquecer a tantos mortos
Que nos deron lumbres
Non esquecer aquel sol
E así colle-los seus fachos
E prende-la fogueira
Daquela revolución




Dakidarria - Realidades Alienantes...
Album Realidades Alienantes...
date de sortie
04-01-2010




Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.