Guadi Galego - Creo paroles de chanson

paroles de chanson Creo - Guadi Galego



Soñar un horizonte, beber curiosidade
Medrar sen ser máis alta, ulir a túa memoria, bicar sen rozar pelo,
Remar sen ter un rumo, gozar por puro goze, saber que chegará.
Retar a quen che morde, sen ter remordementos de ser o que non es.
Creo na inspiración tardía, nos faros con lanterna, creo en ti
Creo no despiste constante, na ilusa loita, sempre creo en ti
Faime un sinal, aínda que sexa sen falar
Tratarei de entender que é o momento de escapar
Faime un sinal aínda que sexa sen falar
Tratarei de entender que é o momento de escapar
Entrar na rúa do medio, sentar no 8 de marzo pra mirarte pasar
Petar na porta grande sen agardar xamáis
Fundirse nun abrazo, brincar por puro vicio, querernos ben
Sentir a tua memoria, saber que chegará
Creo, na inspiración tardía, nos faros con lanterna, creo en ti
Creo no despiste constante, na ilusa loita, sempre creo en ti
Creo, na rebeldía con amor, creo na vida propia
Creo na inxusta mal falada, na tola das historias, creo en ti
Faime un sinal, aínda que sexa sen falar
Tratarei de entender que é o momento de escapar
Faime un sinal aínda que sexa sen falar
Tratarei de entender que é o momento de escapar
A un infinito branco, a un mundo sen disfraz,
A unha praia deserta,
A un porto con abrigo paraíso fundido onde poder berrar
A un infinito branco, a un mundo sen disfraz,
A unha praia deserta,
A un porto con abrigo paraíso fundido onde poder berrar.



Writer(s): Victor Miquel Moliner Abos, Pau Brugada Vila, Maria Guadalupe Cribeiro Galego


Guadi Galego - Costuras
Album Costuras
date de sortie
20-11-2020




Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.