Guadi Galego - Vas Cara Arriba paroles de chanson

paroles de chanson Vas Cara Arriba - Guadi Galego



Corría un mes sen días
Nen noites
Sachabas co teu corazón.
A bágoa que brotou
Era negra
Da terra que entrou co perdón.
Eras ti tan clara e serea
Auga do mundo eras ti.
Ti cravando eterna na area
Sementes do voso porvir.
Morreu a fera
Ficou a nena.
A dureza toda quedou na area.
Vas cara arriba
Ti es a luz do luar.
A túa espiña foise
Voltouse rosa de verán.
A nena volveuse sol,
Sol que secou as bágoas,
As bágoas que penduran
Do rostro daquela fera
Agora dorme contigo
E olla como te achegas.
Olla polos seus ollos
A ver que aprendes dela.
Vas cara arriba
Ti es a luz do luar.
A túa espiña foise
Voltouse rosa de verán.



Writer(s): Maria Guadalupe Cribeiro Galego, Francisco Delgado Garcia


Guadi Galego - O Mundo Está Parado
Album O Mundo Está Parado
date de sortie
04-11-2016




Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.