Guadi Galego - O Privilexio É Soñar paroles de chanson

paroles de chanson O Privilexio É Soñar - Guadi Galego



Como escoitar sen recordar?
Como atoparme se hai perigo?
Como pedir que ti non chores?
Como rezar sen oracións?
Os disidentes da memoria
Decoran almas coas vitorias
A humanidade aos seus pés
Sen preguntar: ti de quen es?
Vou saltando pedras que fan o meu camiño
Procurando un sosego para deixar pensar
Que o aire que respiro
Inspira e máis conspiro
Cun paso e outro paso para poder chegar
Baixan os santos daquel ceo
En procesión van de primeiros
Cumpren desexos terrenais
Contradicións daquí e dalá
Imos en bucle, en espiral
O privilexio é soñar
Como arrombar e colocar cada sentir no seu lugar?
Vou saltando pedras que fan o meu camiño
Procurando un sosego para deixar pensar
Que o aire que respiro
Inspira e máis conspiro
Cun paso e outro paso para poder chegar
Vou saltando pedras que fan o meu camiño
Procurando un sosego para deixar pensar
Que o aire que respiro
Inspira e máis conspiro
Cun paso e outro paso para poder chegar
Como escoitar sen recordar?
Como atoparme se hai perigo?
Como pedir que ti non chores?
Como rezar sen oracións?



Writer(s): Maria Guadalupe Cribeiro Galego, Francisco Delgado Garcia


Guadi Galego - O Mundo Está Parado
Album O Mundo Está Parado
date de sortie
04-11-2016




Attention! N'hésitez pas à laisser des commentaires.