Luar Na Lubre - Dun tempo para sempre - Nuevo Arreglo текст песни

Текст песни Dun tempo para sempre - Nuevo Arreglo - Luar Na Lubre




Vese voar
Unha moura soidade
Que vai xurdindo
Baixo o solpor;
Sombras que doan seu alento
E transforman o ar
Nun incerto mencer;
Voces que son
As pegadas dun tempo,
Eco de doces
Acordes de alalás.
Cando atoparemos
Druidas envoltos
Nos fumes das lubres
No bosque de Emaín;
E o val enfeitizado
Polas sombras que ainda emerxen
Da última noite,
Noite de luar.
Soños galopando
Xa rachan co silencio
E o vento asubía
Acordes de alalás.



Авторы: Daniel Maximino Cerqueiro Calvo, Ana Irene Espinosa Villanueva


Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.
//}