Lucía Pérez - Adios rios, adios fontes текст песни

Текст песни Adios rios, adios fontes - Lucía Pérez



Adiós rios, adiós fontes
Adiós regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando, non sei cando nos veremos
Miña terra, miña terra
Terra donde meu criei
Hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei
Prados, rios, arbóredas e pinares que move o vento
Paxariños piadores casiña do meu contento
Muiños dos castañares, noites claras de luar
Campaniñas timbradoiras da igrexiña do lugar,
Amoriñas das silveiras que eu lle daba ao meu amor
Caminiños entre o millo, adiós, para sempre adiós
Adiós groria! Adiós contento!
Deixo a casa onde nacín
Deixo a aldea que conozo
Por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños
Deixo a veiga polo mar
Deixo, en fin, canto ben quero
Quén pudera non deixar!
Adiós, adiós, que me vou
Herbiñas do camposanto
Donde meu pay se enterróu
Herbiñas que biquey tanto
Terriña que nos crióu
Xa se oyen lonxe, moy lonxe
As campanas do pomar
Para min, ay! Coitadiño
Nunca máis han de tocar
Xa se oyen lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor
Voume soyo, sin arrimo
Miña terra, adiós! Adiós!
¡Adiós tamén, queridiña!
¡Adiós por sempre quizáis!
Dígoche este adiós chorando
Dende a beiriña do mar
Non me olvides, queridiña
Si morro de soidás
Tantas légoas mar adentro
Miña casiña! Meu lar!
Adiós, ríos; adiós fontes
Adiós, regatos pequenos
Adiós, vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos
Non sei cando nos veremos



Авторы: Rosalia De Castro, Amancio Prada Prada


Lucía Pérez - Cruzo los dedos
Альбом Cruzo los dedos
дата релиза
12-04-2011




Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.