Luar Na Lubre - Teu Nome, Amarante (Con Cida Airam) текст песни

Текст песни Teu Nome, Amarante (Con Cida Airam) - Luar Na Lubre



Abre a porta vella
Da casa dos seus pais, e
Tórnalle as xanelas
E lava as mans no balde
Da unha volta á aldea
Chamábase Amarante.
No amencer quedan
O nome e a soidade.
Meu namorado vai no río
Buscando a neve.
Meu namorado vai no río
Calmar a sede.
Lembrou as trabes de ouro
De cando nena.
E ergueu as grades altas
Onde caeran.
Marcharon todos de alí,
O tempo e a terra,
Pero a palabra estaba
No seu lugar.
E lousou con laxes novas a aira
E limpou de broza as viñas,
E inventoulle outra historia a Amarante
Para contar a unha meniña.
Abre a porta vella
Da casa dos seus pais, e
Tórnalle as xanelas
E lava as maos no balde.
Da unha volta á aldea,
Chamábase Amarante,
Pampanos, videiras,
Obradoiros e rapaces.
Meu namorado, vira o río
E calma a sede, si.
Meu namorado, vira o río
E volta a verme.
Béixanse as fronteiras
Nas casas do arrabalde,
Cantas as xanelas
O viño e os amantes
Fálalle aos sen terra
Do dereito a ocuparen
Barrios para a vida,
Palabras para a verdade.
E asi foi que esperou polos vivos
A lenda de Amarente.
E así foi que aguantou dos camiños
Teu nome, Amarante.



Авторы: Jose Benito Romero Copo, Francisco Bermudez Perez, Juan Carlos Cerqueiro Calvo, Pedro Valero Bravo, Sara Louraco Vidal Correia Da Silva, Julio Varela Perez, Eduardo Coma Vega, Xabier Cordal Fustes, Francisco Javier Ferreiro Vazquez


Luar Na Lubre - Saudade
Альбом Saudade
дата релиза
25-10-2005




Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.