Luar Na Lubre - Cantiga Do Neno Da Tenda (Con Adriana Varela) текст песни

Текст песни Cantiga Do Neno Da Tenda (Con Adriana Varela) - Luar Na Lubre



Bos aires ten unha gaita
Sobre do Río da Prata
Que a toca o vento do norde
Coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
Basoira que te basoira
Polvo déstantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
Os galegos paseiaban
Soñando un val imposíbel
Na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira d&dgoa
Mentres sete bois de lúa
Pacían na súa lembranza.
Foise pra veira do río,
Veira do Río da Prata
Sauces e cabalos núos
Creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido
Malencónico da gaita,
Non viu o inmenso gaiteiro
Coa frolida dálas:
Triste Ramón de Sismundi,
Veira do Río da Prata,
Viu na tarde amortecida
Bermello muro de lama



Авторы: Federico (+1936) Garcia Lorca, Sara Louraco Vidal Correira De Silva, Juan Carlos Cerqueiro Calvo, Eduardo Coma Vega, Jose Benito Romero Copo, Francisco Bermudez Perez, Pedro Valero Bravo, Julio Varela Perez, Francisco Javier Ferreiro Vazquez


Luar Na Lubre - Saudade
Альбом Saudade
дата релиза
25-10-2005




Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.