SES - Non son fada текст песни

Текст песни Non son fada - SES



Se teórica é a causa,
Práctica é a consecuencia.
Non quero asumir ausencias
Nin chorar para partir.
Comer e deixar que comas,
Vivir e deixar que vivas,
Loitar se a loita é precisa
E rir se é preciso rir.
Non son fada nen princesa a quen mirar.
Non sei cobrar cando estimo
Nen dou se non quero dar,
Quero falar e falar
Sen dar nada por ouvido.
Camiñar cos pés no chan
Negar deuses asasinos,
Non crer sen ver, dubidar,
Confiar nos sentidos.
Fanme rir porcos de pé,
Contemplo olvido e memoria.
forxa patrias a historia,
Fabríqueas quen quixer.
Cuspo enriba do papel
Que mutile a identidade,
Viro as costas ás vaidades,
Deséxolle a morte aos reis.



Авторы: maria xose silvar fernández


SES - Admirando a condición
Альбом Admirando a condición
дата релиза
01-10-2012




Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.