Amancio Prada - Negra Sombra текст песни

Текст песни Negra Sombra - Amancio Prada



Cando penso que te fuches,
Negra sombra que me asombras,
ó dos meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
No mesmo sol te me amostras,
I eres a estrela que brila,
I eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
Si choran, es ti que choras,
I es o marmurio do río
I es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
Pra min i en min mesma moras,
Nin me abandonarás nunca,
Sombra que sempre me asombras.



Авторы: Rosalia De Castro, Juan Montes


Amancio Prada - Canto a Galicia
Альбом Canto a Galicia
дата релиза
15-11-2002




Внимание! Не стесняйтесь оставлять отзывы.